Saturday 27 de April de 2024

Ángel García Seoane toma posesión do seu cargo como deputado provincial


Ángel García Seoane tomou posesión como deputado provincial no pleno de constitución da nova corporación celebrado esta mañá na Deputación da Coruña. O alcalde de Oleiros presidiu o acto e fíxolle entrega do bastón de mando ao presidente provincial, Valentín González Formoso.

Ángel García Seoane, que xa foi deputado entre os anos 1979 e 1983, desenvolveu un importante traballo durante as dúas pasadas lexislaturas na corporación provincial. Ademais de impedir as prácticas partidistas e de dubidoso sustento legal de anteriores etapas, Alternativa posibilitou co seu apoio numerosos investimentos en infraestruturas e servizos públicos de interese xeral para a comarca da Coruña. García Seoane foi determinante para iniciar o proxecto de renovación da depuradora de Carral; facer posible o programa de apoio económico ao sector das verbenas e festas populares; paralizar a venda de solo público no polígono de Sabón; reurbanizar a avenida de Santa Cristina; ampliar a estrada da Besta (conexión Mera-vía Ártabra-Sada), construír a rotonda da Chasqueira; reclamar melloras no Monte Costa en Culleredo…